Image Alt

Compañía Elahood

Danzas urbanas como un medio de expresión

danza
urbana
contemporánea

EIahood é unha compañía galega de danza urbana e creación contemporánea formada por Sabela Domínguez e Julia Laport no ano 2017. A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como un medio de expresión lexítimo na danza profesional e os discursos abertamente feministas e queer. Contan con diversas propostas escénicas para espazos non convencionais e para teatros. Compaxinan a súa labor na compañía con colaboracións con outros colectivos e como docentes de danzas urbanas.

Formada por: Sabela Domínguez Y Julia Laport

Date:

X